Cumes

    img-20160727-wa0045Aspiramos a expresarmos como algo que aínda nós mesmos descoñecemos, respirando expectantes ata que chegue o día. Ata que chega o día. E chega o momento no que te descobres nas máis extremas condicións humanas, nese cume, ti só, contigo mesmo, en silencio. Polo que algún dos dous decide, con moito tento, levantar a voz e deixarse escoitar. Ahí estás ti. Nin os paxaros, nin a choiva, nin sequera o vento permitirá romper esa profunda conversa que algún día habería de se producir dende as orixes da linguaxe, porque estades a altura do silencio.

    (…)

    E agora? Poderemos mirarmonos aos ollos despois de afrontar a nosa propia realidade? 

 

Cumes

Franjevačka crkva

MOSTAR: 19 Agosto 2017

stairs-2727013_960_720.jpg

 

    Todo é máis grande e máis pequeno. Todo é máis relativo ao momento. Canto pesan os recordos, canto… pero son os que nos fan ser quen somos e nos indican cara onde queremos e non queremos ir.

    Os recordos van e veñen, as memorias non estarán para sempre ahí; mais a experiencia, a esencia que nos proporcionaron naquel intre perdurará.

    Por suposto que sentín medo. Por suposto que houbo algún momento de debilidade no que me arrepentín de ter empezado algo tan grande. Forma parte do plan, e serve para coñecerse a un mesmo, para sentir os límites da túa persoa.

    Valorar o que un ten é complicado. Como desvalorar a vida. Sentir esta dor agora faime valorar o ben que me sentía cando non a tiña. Oxalá nos acostumemos á dor, para non a sentir, pero nunca aos recordos; para que estes non deixen de nos sorprender e emocionar.

Franjevačka crkva

Alí

    Sigo pensando, xa hai moito que penso así; algo así como que as palabras que máis acostumas a utilizar perden valor cada vez que as pronuncias, que as usas, que as pensas… cada vez que fas uso delas. Si!

    Así son! contradigo as miñas verbas cos meus feitos e non aprendo…

    Todo foi moi rápido. Ao principio non había nada — ao final tampouco — e todo muda de repente, como un mar de posibilidades que se abre frente a ti. Coma a árbore e as súas pólas tentando tocar o Sol. Alí, as veces son as probabilidades as que te escollen a ti, e non ti a elas.

.    Moi boa xente. Moi moi boa xente. Ιἀνις. Grazas por ser quen eres, grazas por ser honesto, legal, atento — grazas por comportarte coma un bo amigo, un irmán, por termar de min, e sentir! Grazas por sentir empaía, admiración, aprecio, respeto. Todo esto é mutuo, penso eu —. Porque como ti ben entendiches nunca escolliches esa rúa para volver, e eu simplemente non escollo esa illa máis que para uns días na miña vida. Tampouco escollín as últimas portas que abrín. Casualidade, causalidade, destino…? Ponlle o nome que queiras, eu xa me acostumei a almorzar con ela todas as mañáns.

    Alí. Nun lugar onde as cousas acontecen fugaces. Nunca pensei que chegaría a sentir esa división verde no meu peito. Esa liña valeira e chea de todo. Por qué? Cómo fomos capaces de chegar a eso? Aquí deime de conta de que hai portas pechadas para algúns, e as mesmas abertas para outros. Muros que esconden historias que serán esquecidas, e incluso xamais contadas. Bordes que esconden segredos. Liñas definidas para soportar odio dentro delas. Ese día palpei os residuos do odio. As evidencias das diferencias entre persoas que vivían xuntas, e que hoxe ségueno facendo pero retidas nas súas propias rúas.

    Todo foi moi rápido e non me deu tempo a pensar nin a durmir. Non pensei que eu sería quen de escoller ese camiño. Un de tantos dos que unha vez atravesas a porta non hai volta atrás. E de todo se aprende. Non foi bo, non foi malo, simplefente foi. A estúpida decisión foi tomada logo dunha grande idéa que alguén me presenteu unha mañá na torre — aquela mañá especial vendo o amencer “Eu non viñen aquí para seguir facendo o que facía antes” díxome ela; e era a primeria vez dende que a coñezo que a vía emocionada. Porque a todos nos emocianon os finais, sexan bos ou malos —. Somos parte do que recordamos. Eso somos, así que este camiño xa forma parte de min.

    Ao final chegou a fin. Xa estabamos preparados para descansar, pero as portas abríronse. Moi agradecido por todo o que cada un é capaz de compartir. “Conózote de fai unhas horas pero sínto que te conozo desde fai meses”.  De agora en adiante, espero que medredes algo máis; tende coidado na guerra, porque non van ser as festas que vos esperades. Φιλοι!

    Alí.

    Aquí. Onte xa.

Alí

Demasiado tarde para arrepentirse

     Pode que xa sexa demasiado tarde para se sentir mal. Pode que teñamos que chegar ao final para ter que arrepentirnos, pero será esa a correcta perspectiva pola que debemos aspirar para anoxarnos con nós mesmos.
Pode que tamen teñamos que mellorar como persoas para tamén mellorar como amigos. Pero pode que tamén viceversa.
“Non te preocupes por min mira por ti”, pode que sexa unha boa frase para un bo comezo. Un bo comenzo cun claro bo final. Pero este non é o comezo, esta é xa a fin mencionada.17622121_1346019148801214_2372046983312970627_o

     Cuestionármonos, á fin da nosa viaxe, que é o que fixemos ben , o que fixemos mal, o que fixemos mellorable e memorable, o que non fixemos … Recordar os momentos que levas contigo, e lembrar; como se fose sempre onte, como se os recordos volvesen coma as flores na primavera. Recordos ancorados en fotografías, persoas, cicatrices, cancións, lugares ou mesmo nomes que non fuches quen de pronunciar.

IMG-20170330-WA0003     E ainda así pode que nalgún momento sexa demasiado tarde para botar en falta as experiencias vividas; ou o que é o mesmo, recordar. Pode que sí. Pero se corriches o risco de vivir eses recordos; o risco de vivir esas experiencias que agora son parte de ti, do teu recorrido personal, o que che define como persoa …

     ¿Correrías o risco de perdelos?

Demasiado tarde para arrepentirse

Mosul

Q_R5ChVKlRml3tKGh9ARAGM_utEXWUgfuYtyAg1JfYKu1j6KtDfv6p15t6lPHZkL4Qlq4vPwJuKb_NR8qllbb0veU1dadMaEC3XbTkwpkH0tK0g9ZBtSKMHjYhzJvF3t
© Goran Tomasevic

    Desgarradora. Ninguén coñece a súa historia, simplemente coñecemos unha parte da súa dor. Podémosnos facer unha idea da situación pero non sabemos nada. Temos unha magnífica fotografía tirada por un tolo que decidiu disparar cara alguén que non tiña nada que perder, e roubar parte da súa alma. Da súa esencia a cambio de nada.

    Tampouco queremos saber. É certo, e non o negues. Desde tan lonxe as cousas parecen máis pequenas, pero simplemete temos colocados os prismáticos do revés. Unha ínfima e aparente parte da realidade, que non sabemos nin saberemos interpretar. Tampouco están tan lonxe. Son eu. Es ti. Somos nós. Sufrindo do mesmo xeito.

    Pero hoxe mesmo, cada un dos que estamos no lado seguro e doce do mundo sorrimos. Sorrimos grazas a falsas mentiras, a falsas esperanzas, a falsas ilusións, a falsas persoas…

    Sentímos compaixón pero a penas empatía. Unha, de milleiros de historias que non aparecerán nos cadernos de historia. Illamento, medo a un futuro incerto, un futuro que non promete nada. Nada. Absolutamente nada. Nin sequera terra.

    Saúde amigo!

e9hyHkaRFZdDV_jLZuTS6jf-LTFR5Bhm6a7xnMVsLPPGbrhwN4_LF69L2PvsBjgISGmo6dFVEToAAfrpBi-INA
© Goran Tomasevic
Mosul